jueves, 18 de marzo de 2010

...Orballo pasado...

...QUiero escarbar la tierra con los dientes,
quiero apartar la tierra parte a parte;
a dentelladas secas y calientes,
quiero minar la tierra hasta encontrarte,
y besarte la noble calavera,
y desamordazarte y regresarte...


Cando a choiva cae, e comezo a desfacerme no silencio...Pérdense os meus ollos nas árbores da fronte; onde o sol vai morrendo cada anoitecer...E volven imaxes que agardaban adormecidas na memoria... O tacto da cortiza dos carballos; baixo a branca man inocente... o son dos pes sobre os camiños empedrados e as altas e húmidas herbas, arrecendo da brisa do mar e da madeira queimada, recordo da lonxana risa; mentres as piñas dos piñeiros arrolaban camiño abaixo seguidos de rápidos e inxenuos pés, e incluso o estoupido das púrpuras flores das silveiras contra a miña fronte... O tacto da ventá de aluminio convértese na cortiza da forte árbore, e regresa o arrecendo a herba e brisa; a vida. Volven os saltóns e as avelaíñas rondando os pequenos faros na noite estrelecida, volve o raposo a agocharse entre as árbores, e volve o vento a berrar entre elas, mentres a vella fonte cuspe fíos de cristalina auga.Vólvese a escoitar de novo ouvear ós lobos no seu longo lamento, cando a lúa; fío de luz demente, xoga con eles no monte, cubríndoos de resplandores de plata. Chora entón o escuro ceo, chora sen pausa nunha eterna agonía, e calan as árbores que recollen as súas lágrimas... Agroman ós seus pés, negros rosais que viven e morren a cada noite... Cala o vento, e o orballo pende das verdes follas e pálidos pétalos... O camiño empedrado xa non existe... E as inocentes risas desapareceron hai anos...MOrreu xa o vívido son da vida... E caeu no olvido o arrecendo do mar... Queda aínda o orballo nos meus ollos, e nen sequera este é o mesmo... Orballo pasado, morto e sepultado nos rincóns máis escuros do ser... Mero reflexo do que algunha vez estivo vivo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario